venres, 21 de febreiro de 2025

IA Xeración de Imaxes

 


IAS XERADORAS DE IMAXES

Nestes últimos días estiven probando diferentes modelos de xeración de imaxes e funos comparando para saber cal de todos ao meu parecer era o mellor e cal o peor:

Agora enseñareivos as imaxes que foron creadas a partir dos diferentes modelos de xeración de imaxes, a todos estes pedinlle exactamente o mesmo PROMPT, unha morsa na terra con sombreiro de granxeiro e un rastillo.

CRÍTICA CONSTRUTIVA:

Adobe Firefly: Esta polo que probei non esta tan mal, nesta imaxe practicamente é case o que pedín simplemente o gorro de granxeiro xa que ese gorra para min parecese máis ao dun vaqueiro pero si que é verdade que non esta mal. Aínda que noutras imaxes que tamén lle pedín si que é verdade que non estaba moi acertada en xeral non está mal e ademais dispón dunha cantidade de créditos duns 25 mensuais o que creo que é unha cantidade bastante asequible.



Leonado Ai: Esta tamén esta bastante ben e eu creo que un paso por enriba da anterior xa que esta xera un total de catro imaxes e ademais está mais acertada ca anterior e cunha maior eficacia á hora de xerar imaxes o único fallo que lle vexo é que nesta caso en vez de un gorro de ranxeiro fixo unha gorra cunha folla e esta fixoa mais de animación en comparación ca anterior que era mais realista.



Qwen: Esta para min con xunto con Ideogram é a mellor, con ten limite de xeración de imaxes, ademais tamén funciona como LLM polo que ten unha gran comprensión de texto, ademais creo que é una das mellores en canto a xeración das imaxes pero eu creo que Ideogram esta un pouco por enriba desta neste aspecto. Aínda que neste caso non fixo exactamente a imaxe que lle pedín xa que a morsa ten un gorro de pirata. Pero si que noutras imaxes que lle pedín estivo moito máis acertado que outras.



Ideogram: Esta para min e segunda mellor só por detrás de Qwen, polo número de créditos xa que esta conta con 10 créditos semanais, pero esta proporcionache 4 imaxes e ti escolles a que mais che guste. Aínda que nesta imaxe, non estivera case nada acertado, xa que non xerou una morsa máis ben é un roedor grande como un castor ou unha capibara, con gorro mineiro pero outras imaxes que lle pedín estivo moi acertada ademais pedindolle cousas bastante específicas o único problema que lle vexo é que tarda un 3 minutos en xerar a imaxe.


OUTROS MODELOS DE XERACÍON DE IMAXES:


As demais que probei como DALL-E, esta está integrada en chat-gpt, pero co modelo do navegador non deixa facer scrol en chat-gpt só puiden probar unha imaxe pero aínda así estivo bastante              acertada. MIDJOURNEY esta vina bastante mal si que é verdade que as veces si que xeraba o que pedía pero a maior parte das veces fallaba. STABLE DIFUSION eta tamén estaba bastante mal xa que para que fixera a imaxe tiñas que explicarllo todo con cuidadoso detalle pero non podías ser moi especifico xa que esta poñíase a inverntar. KREA esta directamente non a puiden probar xa que a páxina está completamente desordenada e non deixa pedirlle ningunha imaxe.


CONCLUSIÓN:

Para min os que destancan entre estes modelos son os mencionados arriba. E de entre eles os mellores son sen dúbida algunha Qwen e Ideogram estas entenden moi ben o que lle pides aínda que xusto esta imaxen que elexín foron as dúas que peor saíron, pero para mín estas teñen unha gran capacidade de compresión de texto e de xeración de imaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario